Nova campaña do Foro Ferrol Vivo, visibilizar ás mulleres no deporte local

Foro Ferrol Vivo

Despois do éxito acadado coa campaña “Sálvao cun selfie”, para a recuperación de espazos degradados, o Foro Ferrol Vivo inicia outra iniciativa similar, aínda que neste caso cun fin ben diferente. Así, comeza #ElasTaménXogan, unha campaña para as redes, como a anterior, mais nesta ocasión co obxectivo de visibilizar ás mulleres no mundo do deporte.

Esta campaña consistirá, como avanzou a voceira do FFV, Eva Martínez, na difusión de imaxes de mulleres no deporte: xogando, arbitrando, adestrando ou realizando tarefas propias dos clubes e/ou federacións. Ao longo dun mes, nomeadamente ata o 1 de maio, as persoas que o desexen poderán enviar fotografías a unferrolvivo@gmail.com, que serán publicadas nas redes: na páxina de Facebook Foro Ferrol Vivo e no Twitter @unferrolvivo.

Unha vez rematado o prazo, o Foro xuntará todas las fotografías recibidas e fará unha proxección, que se mostrará nun acto público que se desenvolverá no mes de maio e que contará con mulleres representantes do deporte local, nunha xornada sobre a desigualdade neste eido.

Poñer enriba da mesa o traballo que realizan as mulleres no deporte a través da súa visibilización, denunciar a súa discriminación e buscar solucións e medidas para paliar ditas desigualdades son os obxectivos desta nova campaña do Foro Ferrol Vivo, que anima á cidadanía a participar na iniciativa.

Lea también

Nova edición do «Campus de Fútbol de Verán da Fundación Celta» en Ares

A casa consistorial de Ares acolleu a presentación oficial do Campus de Verán de Fútbol …