BNG Ferrol: «É absurdo estar no consello de Emafesa cun goberno que defende cuestións contrarias as nosas»

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol diante das declaracións desta mañá con respecto ao ofrecemento do alcalde para formar parte do consello de adminsitración de Emafesa considera que «é un absurdo formar parte dun ente cun goberno que pretende impoñer obxectivos contrarios aos que defende o BNG« como son: aprobar as contas da empresa, impoñer unha taxa de saneamento sen que se preste o servizo e subvencionar á parte privada vía orzamentos municipais. Para o BNG ese ofrecemento debería facerllo ao PP, coincidente co goberno nos obxectivos que debe defender a parte pública, neste caso, equivalente aos que defende a parte privada.

Así mesmo en relación coa reunión con Augas de Galicia «é un pouco cómico que tras dous anos nos que este goberno non devolveu a depuradora ao seu propietario, a pesar de entregárselle aos ferroláns nunhas condicións que impedían o seu funcionamento, se nos convoque por primeira vez a unha reunión co propietario da EDAR para non se sabe exactamente que máis aló da demagoxia«, según afirman dende o BNG nun comunicado.

«A realidade é que o actual goberno como o Partido Popular estan empeñados en entregar a xestión da EDAR a EMAFESA no canto de esixir ao seu dono, Augas de Galicia, que a puxese en funcionamento, algo que tiña que ter feito sen necesidade de aprobar ningunha taxa tal e como agora quedou demostrado«, sentencian dende o BNG.

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …

2 comentarios

  1. Hermenegildo Romero

    Este hombre sigue erre que erre, pero por más veces que lo repita, no tendrá más razón. La depuración de aguas residuales es una competencia municipal, por lo que Augas no se va a hacer cargo de ninguna depuradora. La tiene que asumir el Concello y gestionarla, bien con personal propio, bien con encomienda a Emafesa u otra empresa. Y SÍ: cualquier servicio prestado por la Administración conlleva la implantación de una tasa. Es una asignatura básica de Derecho Comunitario. Lo que pasa es que alguno dice lo que sea por un puñado de votos.

    • E donde hai tasa? Aquí en Ferrol como nos sobran os cartos e nos vai tan ben e o único sitio donde queremos tasa. A realidade noutras ciudades galegas quitanlle totalmente crédito o teu comentario