Melina Alonso encabeza a delegación do Triatlón Ferrol no campionato de España de dúatlon

Melina Alonso – Triatlón Ferrol

Melina Alonso será a máxima representante do Triatlón Ferrol no campionato de España de dúatlon que esta fin de semana se celebra en Vall d’Uixó.

A ferrolá tomará a partida na competición elite dubidando da súa recuperación total despois dunha caída de bici da que se resentiu na Copa de Europa de Gran Canaria. Aínda así, o nivel de Melina Alonso podería permitirlle chegar ao top-10 da proba.

Nas categorías de base, a Escola Javi Gómez Noya presenta un equipo cadete formado liderado por Juan Rejas, Yago Suárez e Jorge Morado, xunto a David Campos, Álvaro Ordiales, Carlos Pedrosa, Bruno Leirachá e Jesús Rodríguez. En junior, ao que podan facer a nivel individual Marcos Ruiz e Iván Puentes, o club confía en completar un bo papel por equipos sumando a Iker Pita. Pola súa banda, Emma Romeo será a representante feminina da escola local na categoría junior.

En grupos de idade, Pablo Pedrosa tomará parte na esixente categoría de 20-24 anos.

Os campionatos de España de dúatlon darán comezo na xornada do sábado e pecharanse o domingo ás 13:30h coa elite feminina como broche. As distancias para tódalas categorías serán de 5 km de carreira a pé, 22 km de ciclismo e 2,5 km a pé, a excepción dos cadetes que completarán 2,5 km de carreira, 10 km de bici e 1.250 m a pé.

Lea también

Adrián Orjales, Mejor Deportista del Año de Valdoviño

El arquero internacional Adrián Orjales fue proclamado como el Mejor Deportista del Año durante la …