O grupo municipal socialista denuncia a falta de compromiso pola educación en Fene do actual goberno

O Grupo municipal socialista de Fene denunciou na reunión da Comisión de Dinamización Social e Transparencia do pasado venres a falta de compromiso pola educación no concello de Fene do presidente-alcalde, xa que á primeira reunión constitutiva do Consello Escolar Municipal non se puido convocar ao representante do sector dos directores/as ao non levarse a cabo un proceso previo de elección. Os socialistas entenden, e así o manifestaron na citada comisión informativa, que debería ser o alcalde, como presidente do Consello Escolar Municipal, quen convocase directamente a una reunión formal aos máximos responsables das direccións dos centros educativos do concello, para que nese momento elixiran democraticamente ao seu/súa representante no máximo órgano en materia educativa do concello de Fene.

Na mesma comisión informativa os socialistas instaron á presidenta da comisión, e responsable da concellería de Benestar Social e Igualdade, a que xunto coas traballadoras do seu departamento estableza un protocolo de actuación para que as axudas de emerxencia social non rebasen os 6 meses en resolverse. Piden que o protocolo serva para ter un seguimento puntual daquelas axudas de emerxencia que se van demorando no tempo por diversos motivos, xa que unha demora excesiva nun expediente deixa de cumprir o seu cometido de atender a emerxencia e por tanto saen gravemente prexudicados os vecinos e veciñas que se ven avocados a solicitalas.

Lea también

Un jurado declara no culpable a la mujer acusada de matar a su marido en Monfero

El Tribunal del Jurado ha considerado a la acusada de matar a su marido en …