Paula Mayobre cóntalle á rapazada os retos do deporte en feminino

Paula Mayobre na charla – Concello de San Sadurniño

Á área de Igualdade do Concello pechou hoxe os actos co gallo do Día Internacional da Muller, unha data que se celebra o 8 de marzo pero que en San Sadurniño adoita sacarse do día e prolongarse programando distintos eventos en varias semanas. É un xeito de reivindicar aínda máis o papel feminino na sociedade e reclamar a igualdade plena entre mulleres e homes. Unha das liñas de traballo para alcanzar este último obxectivo é a que se desenvolve coa mocidade do centro de ensino, á que esta mañá se lle propuxo unha sesión sobre deporte e muller coa participación da atleta multicampioa Paula Mayobre, unha das protagonistas do documental «Contra os elementos«, producido pola Deputación da Coruña. Nesta peza ponse de manifesto o dobre reto ao que se enfrontan as mulleres deportistas: o de superar as súas marcas e o de vencer moitos prexuízos de xénero que aínda perviven.

«Contra os elementos» é un documental que pretende visualizar o deporte feminino amosando a realidade das deportistas galegas, reivindicar a proxección deportiva das deportistas de elite e apoiar os deportes minoritarios e de base, ademais de axudar a crear iconas femininas que sexan referentes para o fomento da práctica deportiva entre as mulleres en igualdade de oportunidades, rachando estereotipos de xénero impostos na sociedade.

O título do documental refírese directamente por un lado á loita contra os elementos que representa o empoderamento e a superación dos obstáculos que deben afrontar as mulleres para poder practicar ou adicarse profesionalmente ao deporte e, por outro, é unha alusión directa ó medio natural auga, lume, terra e aire- onde se desenvolven as distintas prácticas deportivas.

As protagonistas do documental son Verónica Boquete, Marta Brañas, Mónica Castelo, Mari Carmen Garcia, Sofía Toro, Isabel Gundín, Thais Pazos, Alicia Sadia, Ruth Ballesteros, Elena González, María José Mosquera e a atleta Paula Mayobre, que este mediodía estivo na Casa da Cultura presentando o audiovisual e participando nun animado debate coa rapazada de secundaria do CPI.

Lea también

La VII Carrera popular Concello de Moeche se celebrará el próximo 18 de junio

El Concello de Moeche ya tiene abiertas las inscripciones para la séptima edición de la carrera popular, …