O humorista galego Sergio Pazos estará o sábado no Pazo da Cultura co seu monólogo Rebento se non o conto

Cartel da obra – Concello de Narón

O actor e humorista ourensán Sergio Pazos estará este sábado, día 22, no Pazo da Cultura de Narón co seu monólogo Rebento se non o conto. A cita terá lugar a partir das 20.00 horas e as entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura de Narón –www.padroadodecultura.es-, a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, menores de 14 anos e desempregados. O espectáculo, pensado para o público adulto, ten unha duración dunha hora.

Neste monólogo Pazos analizará a realidade da España actual facendo uso da ironía, no que será un constante diálogo entre o público e o humorista, que fará gozar aos asistentes desde o inicio deste espectáculo. A retranca estará moi presente neste traballo, no que se abordarán temas como as características dos galegos, os recortes, a crise, a Casa Real e moitos outros.

Lea también

La Filarmónica Ferrolana ofrece un concierto en el teatro Jofre

  Este jueves 25 de abril a las 20:30h, el teatro Jofre acoge el concierto …