O grupo de teatro da Asociación de Mulleres de Vilarmaior visita a Agrupación Instructiva

Cartel do evento – Agrupación Instructiva de Caamouco

Volve o teatro á Agrupación Instrutiva de Caamouco. Desta volta, o protagonista será o Grupo La Segunda Juventud, de Vilarmaior, que actúa por vez primeira no escenario do centro social da Tenencia. O colectivo representará a obra «A mula de Don Pedro«.

A xornada teatral está programada para o vindeiro sábado 29 de abril, ás 19 horas. A entrada, como sempre, libre e de balde.

O Grupo La Segunda Juventud, integrado por actrices afeccionadas, pertence á Asociación de Mulleres de Vilarmaior.

Lea también

Ares acolle a 2ª Exposición Multidisciplinar de Fotografía

O Concello de Ares e a Asociación de Fotografía de Ferrolterra promoven conxuntamente no andar …