Cariño organiza actividades no Día Internacional do Libro

Atenea García durante «Estrafalaria» – Concello de Cariño

O vindeiro sábado 22 de abril, o Concello de Cariño organizará a partir das 12 horas na Porta da Pulida (en caso de mal tempo, trasladarase ao Local Social da Casa do Concello) unha entrega gratuíta de libros, no marco da Campaña «Libros para sermos libres«, que organiza a Deputación da Coruña, e que fará un reparto de libros coordinado en 30 concellos da Provincia.

Simultáneamente, terá lugar un contacontos, a cargo de Atenea García, da Compañía Xarope Tulú, titulado «Estrafalaria«. «Estrafalaria» conta a historia de varias personaxes pintorescas ás que lles acontecen sucesos extraordinarios. A fantasía permítenos poñer en valor a diferenza que existe entre as persoas, concebíndo a como algo positivo.

A partir das 12 horas, na Porta da Pulida (en caso de mal tempo, as actividades terán lugar no Local Social da Casa do Concello).

Lea también

Seleccionados os catro proxectos para as Residencias Artísticas Mariñán de Literatura e Pensamento

Francisco Rodríguez Casal, Esperanza Mariño Davila, Laura Martínez Mateo e Carmen Marina Vidal Valiña son …