Á venda as entradas para o musical «A nena e o grilo» que terá lugar este domingo no Pazo da Cultura

A compañía Urdime Propostas Culturais trae esta fin de semana ao Pazo da Cultura un dos seus espectáculos dirixidos ao público familiar (a partir de 3 anos). A nena e o grilo é o nome deste musical, que terá lugar o domingo día 23 ás 18.00 horas. As entradas, xa á venda, poden adquirirse na billeteira do Pazo da Cultura ou a través da páxina web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es-. O prezo é de 9,50 euros para o público en xeral; de 6,65 para os abonados e desempregados e de 5,50 para menores de 14 anos.

Neste espectáculo, dunha hora de duración, combínanse varios estilos musicais, como o pop, o rock, a música de autor e o folk, entre outros. A amizade entre unha nena e un grilo é o fío condutor deste musical. Os dous protagonistas descubrirán xuntos numerosas emocións e reivindicarán o dereito de todos e todas a ser felices. No directo actuarán Magín Blancovoz e guitarra– e María Faltrívoz e percusión-, se ben forman tamén parte deste espectáculo Jorge Juncalpiano e acordeón-; Xoán Curielactor, guitarra e voz– e Charo Pitaactriz, voz e dramaturxia-.

Lea también

El presentador de “Órbita Laika”, Eduardo Sáenz de Cabezón, imparte una conferencia en Ferrol

La conferencia “Á nosa imaxe e semellanza. Unha viaxe ao cerebro da máquina” invitado por la Cátedra …