Narón e Ferrol non deben resignarse a pagar o saneamento da ría, según EU Narón

André Abeledo – EU Narón

O concelleiro de EU Narón, André Abeledo insiste en denunciar que os concellos de Narón e Ferrol van ter que facer fronte a unha débeda inxusta por mor duns atrasos nas obras do saneamento dos que para nada son responsables, unha carga que vai a afectar gravemente os orzamentos municipais de Narón e Ferrol, e que vai supor que os concellos queden lastrados inxustamente, o que significa que uns cartos que deberían dedicarse a outras necesidades propias das obrigas do Concellos, e especialmente políticas sociais, agora deberan dedicarse a pagar unha obra de interese xeral da que en xustiza ten que facerse cargo o Goberno Central.

André Abeledo fai un chamamento aos alcaldes de Narón e Ferrol a non resignarse a ese aumento no gasto municipal por mor dunha obra que é competencia da Xunta de Galicia e do Goberno Central, é preciso tratar este asunto e poñer en marcha unha campaña de reivindicación institucional, solicitando tamén o apoio aos grupos parlamentarios en Santiago, e chamando a mobilización cidadán, pasando da retórica electoral a acción na defensa dos intereses da veciñanza.

Abeledo denuncia a inxustiza que supón que a cidadanía, as traballadoras e traballadores, teñan que pagar por este atropelo, (aparte de aumentos en impostos varios…).

«Non sirve o maniqueo argumento de que non hai suficientes cartos nos orzamentos do Goberno Central e da Xunta de Galicia, cando sen embargo ambas administracións subvencionan con cantidades millonarias negocios privados sobre infraestruturas públicas, como son a autopista da Atlántico, e outras autopistas na meseta, e inverteron fondos públicos para rescatar aos grandes accionistas dos bancos, e os usaron para asegurar o beneficio dos grupos financeiros especuladores tanto do estado español como doutros países (con modificación da constitución incluída, cando se se subvenciona dende o estado ás eléctricas e se aproban obras públicas de dubidosa utilidade para dar negocio as grandes construtoras …(en Galicia temos tamén o caso do Gaiás…)«, manifesta André Abeledo.

Para o concelleiro «entendemos que é de xustiza que a Xunta de Galicia e o Goberno Central cumpran coa súa obriga de pagar a parte que que nun principio correspondíalle pagar a UE en relación as obras da rede de saneamento da nosa ría. Posto que aínda non están aprobados os presupostos nin da Xunta de Galicia nin do goberno Central, e estamos en tempo para que poidan incluírse enmendas nos presuposto nese senso, o Goberno Central e a Xunta de Galicia teñen na súa man que os orzamentos contemplen o financiamento dunha obra de “interese xeral”, como é a do saneamento.«

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …

2 comentarios

  1. Alejandro Buendía

    Es más grave que todo esto. En Narón, nos cobran la tasa de saneamiento desde el 1 de abril y cualquiera puede comprobar, hoy mismo, que el río Freixeiro sigue siendo un río de aguas fecales, con los alcantarillados vertiendo a caño libre. Eso es una ESTAFA que espero denuncien los grupos de la oposición.

  2. Yo no quiero descalificar, queda feo… ¿Pero este es concejal? ¿Este no sabe que es una competencia exclusiva municipal?