ENE pide a posta en marcha en Narón dunha Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar (UDIAF)

No pasado ano ENE Narón promoveu unha moción, que foi aprobada no pleno do 30 de xuño de 2016, para solicitar da Unidade de Atención Temperá Novoa Santos de Ferrol a remisión dun informe sobre as necesidades dese servizo, e unha vez recibida a documentación o Concello de Narón, trasladar á Mancomunidade de municipios de Ferrol a necesidade de ampliar a unidade existente ou implementar novas Unidades na comarca.

Finalmente a Mancomunidade non puido aproveitar as axudas da Xunta para este fin por non estar dada de alta como entidade titular ou xestora de servizos sociais no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, adscrito á consellería da Xunta de Galicia.

Está previsto que neste segundo trimestre do ano a Xunta convoque novamente axudas para proporcionar máis recursos á Rede Galega de Atención Temperá, para o financiamento de novas unidades de atención temperá, e debemos aproveitalas.

Na comarca de Ferrol a atención temperá prestase no ámbito sanitario no CHUF e dende a asociación TEIMA, pero non existe ningunha unidade especializada que preste servizo nos tres ámbitos para cubrir as necesidades dos nenos con dificultades: Sanitario, Educativo e Social. Da experiencia das UDIAF conclúese que é necesario un equipo de 3 profesionais (psicólogo, fisioterapeuta y logopeda) para atender un territorio de 30.000 a 50.000 habitantes, como é o caso de Narón.

En base a experiencia das UDIAFs e as conclusións dos informes, seguen a afirmar dende ENE Narón que existe unha clara necesidade de complementar e incrementar o nivel atención temperá na comarca, e que Narón ten unha poboación que xustifica a creación da súa propia Unidade.

Por outro lado, ENE Narón ten que destacar que un dos principios reitores da Rede galega de Atención Temperá é “a descentralización e proximidade, cun achegamento eficiente do servizo ás persoas destinatarias implementando actuacións de base comunitaria para a inclusión social”.

Por outra parte, ante a previsión de traslado do actual centro de saúde vemos no actual edificio deste centro, cando estea dispoñible, unha boa localización para dar este servizo con proximidade á maior parte da poboación de Narón, polo que promoverán unha nova moción co fin de que, nesta ocasión, sexa o concello de Narón o que solicite as axudas da Xunta e se comprometa a promover unha nova Unidade para o Concello co fin de prestar os seus servizos dende o seu centro poboacional.

Lea también

A Feira da Plantación de San Sadurniño bate a súa propia marca de participantes con 67 postos

A área de Desenvolvemento local acaba de publicar que serán 67 el número de postos  participantes …