«O dereito de acceso á información dos veciños debe ser unha liña principal da nosa xestión»(Alcalde de Cedeira)

(Cedeira, corresponsal Xosé Cheda)
Cando chegaron ao goberno local o Concello non cumpría a Lei de Transparencia. A pouca información que se poñía a disposición dos veciños non estaba actualizada, e a transparencia parecía máis unha molestia que un principio político.

«A nosa promesa foi a ao chegar ao goberno poñela en marcha, e estamos cumprindo”. Así resumía o alcalde de Cedeira, Pablo Moreda Gil, o primeiro ano desde a posta en funcionamento do portal de transparencia municipal (www.portaltransparenciacedeira.gal), unha iniciativa do equipo de goberno co fin de trasladar á veciñanza a información máis relevante sobre a actividade municipal.

Moreda explicou a complexidade do proceso sinalando que “é moita a información que se tivo que incorporar, posto que case partíamos da nada».

Valoración do primeiro ano

«Incorporamos toda a información sobre o funcionamento interno e político do Concello, que non se tiña máis que algún enlace a algunha publicación do Boletín Oficial da Provincia (BOP)”. Agora, segundo o alcalde, as informacións relativas as subvencións e convenios están a disposición dos usuarios e moitos dos expedientes aprobados polo pleno poden ser consultados para facer alegacións ou propostas.

«Orzamentos, periodo medio de pago, informes de intervención, procesos de contratación de obras e servizos son outros dos moitos datos que ofrece o portal “á hora de poñer a administración ao alcance dos cidadans”, reiterou o alcalde.

O goberno de Cedeira entende que “o dereito de acceso á información dos veciños debe ser unha liña principal da nosa xestión e non unha simple obriga legal, por iso mantemos e redobramos o noso compromiso coa transparencia e seguimos traballando e mellorando na claridade da nosa xestión”.

Lea también

La Mancomunidad de Concellos celebró en Valdoviño una jornada técnica de turismo

Valdoviño acogió esta semana una charla técnica organizada por la Mancomunidad para dar a conocer …