EU Narón presenta un paquete de propostas ao goberno para os orzamentos do Concello

André Abeledo – EU Narón

André Abeledo indica que para EU a prioridade é Narón e a súa veciñanza. Presentan unha candidatura con capacidade para gobernar e sobre todo con capacidade para traballar e para construír, a súa oposición é firme, honesta e construtiva, todo o seu traballo vai encamiñado a ser unha ferramenta útil para a veciñanza, a ser a súa voz e defender os seus intereses dende unha posición clara e nitidamente de esquerdas.

En ese sentido con Narón e as naronesas e naroneses como prioridade por riba de calquera tipo de interese persoal ou de partido, presentamos as súas propostas para os orzamentos do Concello. Entenden que os orzamentos teñen que ter en conta as prioridades de protección social e urxencia para a súa aprobación, como manifestan nas súas medidas:

a) Traballar na recuperación dos Servizos públicos. Emprego e Retribucións.

b) Ingresos previstos reais e a súa correspondencia co PIB a nivel local.

c) Medidas reais para estimular a creación de emprego (Industrial, Público, Servizos, Turístico, Primario..)

d) Medio Ambiente: Saneamento, Depuración , Auga, Montes, Ría-

e) Impostos e taxas: Creación da bolsa para urxencia e protección das persoas que non poden facer fronte (IBI, Auga, Fornezo eléctrico… )

d) Renda Básica Municipal e axuda de urxencia contra a pobreza enerxética.

Así mesmo Abeledo transmitiu a necesidade de que os orzamentos tomen en conta as partidas necesarias para poñer en marcha as mocións aprobadas en Pleno, como xa fixo o equipo de goberno coa partida para poñer en marcha o viveiro de cooperativas que propuxo EU Narón por medio dunha moción, ou unha partida para poñer de marcha a Oficina de Información o Inmigrante (mancomunada ou non).

Lea también

Narón acolle o VI Festival de coros

A Sociedade Cultural Areosa, en colaboración co Padroado da Cultura organiza este sábado 20 o VI Festival …