Uns 170 estudantes de tres centros de Narón participan en obradoiros de consumo enerxético responsable

Un total de 171 alumnos e alumnas de terceiro e cuarto curso de ESO de tres centros educativos de Narón participan nuns obradoiros de consumo enerxético responsable impulsados a través do Programa de recursos educativos de apoio á escola. O edil de Medio Ambiente, Octavio Dopico, destacou a importancia desta iniciativa, “na que os rapaces e as rapazas adquirirán hábitos de consumo responsable e valorarán a importancia de respectar e coidar o medio ambiente”. Os talleres, coordinados desde o Servizo Sociocomunitario Municipal, iniciáronse o pasado día 19 e rematarán o vindeiro 5 de maio.

O edil naronés indicou, en canto á participación, que un total de 101 rapaces e rapazas cursan terceiro de ESO no IES das Telleiras; 35 cuarto de ESO no CPI do Feal e os 35 restantes terceiro e cuarto de ESO no CPR Jorge Juan. Desenvolvemento sostible, cambio climático, comercio xusto, eficiencia enerxética e produtos ecolóxicos son algúns dos temas que se abordan nas sesións, que teñen lugar en horario de mañá. O vindeiro venres, día 28, rematarán os obradoiros programados no colexio do Feal –donde se impartiu outro esta mesma mañá– e os días 3 e 5 de maio serán os do CPR Jorge Juan, se ben xa remataron os previstos no IES das Telleiras, que tiveron lugar o 19 e o 21 deste mes.

Así mesmo, Dopico explicou que nos centros participantes se instalará temporalmente unha exposición do Centro Nacional de Educación Medioambiental (Ceneam), do programa “Hogares Verdes”. A mostra consta de varios paneis informativos nos que se aposta por informar á cidadanía, neste caso á comunidade educativa, sobre a importancia dunha xestión máis responsable nos fogares. “Hogares Verdes” é un proxecto educativo dirixido a familias preocupadas polo impacto ambiental e social das súas decisións e hábitos cotiás, “impulsando a implantación de medidas nos fogares para aforrar tanto no consumo eléctrico como de auga”, tal e como recordou Dopico.

Lea también

Iniciadas las obras de aglomerado de la avda de Ferrol, en Valdoviño, con una inversión de 113.000€

Las obras de acondicionamiento de la avenida de Ferrol arrancaban en Valdoviño este jueves 25 …