AFAL dá a coñecer o seu plan de voluntariado ós estudantes do IES Leixa

Instante da charla – AFAL Ferrolterra

AFAL Ferrolterra continúa dando a coñecer o seu plan de voluntariado “Compromiso solidario contra o esquecemento” e invitando á veciñanza a tomar parte no mesmo. Nesta ocasión, a asociación desprazouse ó IES Leixa para ofrecer unha charla ó alumnado e darlles conta dos detalles do programa e posibilidades de sumarse a el.

Tivo lugar onte á tarde e nela participaron os estudantes do ciclo medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e do ciclo medio Coidados Auxiliares de Enfermería. A charla correu a cargo da logopeda de AFAL Silvia Loureiro, acompañada da voluntaria Irene Treviño e coa asistencia da presidenta da asociación, Ana María López. A primeira ofreceu información sobre as demencias, os servicios de AFAL e o propio plan de voluntariado e as súas vías de colaboración. A segunda compartiu cos alumnos a súa experiencia persoal como voluntaria en AFAL.

As persoas interesadas en sumarse ó programa deben acudir á asociación –rúa Río Castro, 43-45 baixo Ferrol– ou chamar ó teléfono 981 37 06 92.

Lea también

Aceptadas 4 propuestas de mejora del COAG a la ordenanza de licencias de Ferrol

La concejala de Urbanismo de Ferrol, Blanca García, dio cuenta este miércoles en la comisión …