A ANPA O Buxato do CPI O Feal solicita unha entrevista co delegado da Xunta

Colegio O Feal – Google Maps

A ANPA O Buxato do CPI O Feal xa estan fartos da situación que levan vivindo no centro durante este curso escolar, feito que xa demandaron por escrito a Xefatura Provincial de Educación, o 18 de novembro de 2016 e o 6 de febreiro de 2017, sen recibir ningunha resposta por parte deste organismo.

Agora a ANPA O Buxato o intenta co delegado da Xunta na provincia, Ovidio Rodeiro Tato, facéndolle chegar un escrito coas suas demandas. Dende a asociación de nais e pais invitan a Ovidio Rodeiro a visitar o centro educativo para que poida coñecer de primeira man todos os problemas do centro, e se iso non é posible, lle solicitan unha entrevista para informarlle dos problemas do centro, e das medidas que consideran urxentes e necesarias.

Lea también

A Deputación destina 414.000€ á mellora da DP 7603 en San Sadurniño

A Deputación da Coruña aprobou na sesión plenaria ordinaria do pasado mes de abril a …