Preto de 800 estudiantes participan no XXVIII Certame Intercentros Concello de Narón

Traballos do intecentros – Concello de Narón

As actividades programadas para a vixésimo oitava edición do “Certame Intercentros Concello de Narón”, dirixido ao alumnado dos centros públicos do municipio, levarán entre hoxe e mañá ao Pazo da Cultura a un total de 783 estudantes da cidade. O CEIP da Gándara é este ano o organizador do evento, en coordinación co Concello, tal e como destacou a edil de Ensino, Mercedes Taibo, que recordou que a programación deste certame se iniciou nos centros o pasado mes de febreiro e avanzou que se clausurará o vindeiro 16 de maio, no Auditorio municipal, coa tradicional entrega de premios. “Un ano máis desde a Concellería de Ensino convocamos este exitoso programa, que tan boa acollida ten entre a comunidade educativa da nosa cidade e a través da que os estudantes participan nun certame no que non se fomenta a competitividade e que serve como preámbulo para conmemorar, o vindeiro 17 de maio, o Día das Letras Galegas”, subliñou Taibo.

A edil de Ensino desprazouse esta mañá ao Pazo, donde se reuniron un total de 162 alumnas e alumnos e profesorado, entre as 10.00 e as 12.40, para ver o resultado dunha parte dos traballos presentados a esta edición do Certame Intercentros. En períodos de tempo de entre cinco e vinte minutos, estudantes dos IES das Telleiras e Terra de Trasancos, e dos colexios da Gándara, Piñeiros, Ponte de Xuvia, O Feal e Virxe do Mar subíronse ao escenario para presentar os traballos correspondentes ás modalidades de: Canción, Teatro e Monólogo. Na xornada de mañá, día 27, entre as 10.00 e as 13.30, fará o propio outra parte do alumnado, un total de 621 rapaces e rapazas –o de educación Infantil e primeiro e segundo curso de Primaria– do CRA, e dos colexios Virxe do Mar, Ponte de Xuvia, Piñeiros, A Solaina e O Feal, que presentará tamén os seus traballos de Canción e Teatro, dunha duración de entre cinco e vinte e cinco minutos.

En función dos niveis educativos: Infantil, Primaria, ESO, BAC e Ciclos Formativos, os participantes puideron elixir entre as modalidades de Cómic, Conto e Conto ilustrado, Narrativa, Murais, Teatro escrito, Audiovisual, Reportaxe xornalística, Expresión oral e Canción en galego.

Así mesmo, no Pazo da Cultura poderá verse ata o día 19 de maio –no seu horario de apertura habitual– unha exposición cos murais, contos ilustrados e cómics realizados nas aulas por escolares de Infantil e de primeiro e segundo de Primaria dos centros públicos de Narón.

Fomentar a normalización e dinamización do uso da nosa lingua constitúe un dos principais obxectivos do Certame Intercentros, moi arraigado no noso concello e no que continuaremos traballando en defensa da nosa cultura”, asegurou Mercedes Taibo.

Lea también

Aberta a inscrición na primeira andaina deste ano en Narón do programa “Ponte en ruta con nós”

O Concello  de Narón mantén aberto, ata mañá  mércores 24 o prazo de inscrición na …