Pablo Pedrosa sumará ao seu currículo internacional o Europeo de dúatlon

Pablo Pedrosa nunha proba – Triatlón Ferrol

O ferrolán Pablo Pedrosa disputará este domingo o Europeo de dúatlon no grupo de idade de 20-24 anos.

Será o único representante do Triatlón Ferrol na proba internacional que se disputa en formato sprint coa particularidade de non poder ir en pelotón. Deste xeito, o canteirán demostrará unha vez máis a súa versatilidade xa que ten experiencia internacional en dúatlon cros, é o actual campión galego junior de tríatlon cros e acaba de colaborar na permanencia do Triatlón Ferrol na Liga Nacional de dúatlon de Segunda División ao competir en formatos como o de contra o reloxo por equipos.

Ante máis de vinte rivais británicos, franceses e españois, Pablo Pedrosa medirá o seu nivel en Soria.

O Europeo de dúatlon no grupo de idade de 20-24 en modalidade sprint tomará a saída este domingo ás 8:30h e consistirá nun primeiro segmento de 5 km de carreira, 20 km de ciclismo sen drafting e 2,5 km finais a pé.

Lea también

Jornada de iniciación al surf en la playa de Pantín, Valdoviño

Santiago de Pantín Surf School organiza una jornada de iniciación al surf el próximo sábado  …