Narón destinou 27.000 euros á cuberta dun patio do CEIP da Solaina

Instante da visita – Concello de Narón

O CEIP da Solaina dispón dun novo patio cuberto do que poden gozar xa os seus alumnos e alumnas. O alcalde, José Manuel Blanco, e a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, visitaron esta mañá as instalacións do centro, donde comprobaron o estado final da actuación realizada, que supuxo ás arcas locais un investimento duns 27.000 euros.

A obra realizada permitiu cubrir un espazo entre un dos tramos do propio colexio e dun lateral do polideportivo localizado no citado recinto escolar. Sobre unhas vigas metálicas, a modo de pórtico, instalouse unha cuberta transparente para tapar un espazo duns centro corenta metros cadrados, tal e como destacaron desde o goberno local.

Na visita, o rexedor local e a edil naronesa estiveron acompañados polo director do colexio da Solaina, Nel Comba; a secretaria do centro, Iria Regueiro, e representantes da ANPA. Desde a comunidade educativa valorouse positivamente esta intervención, ao igual que fixeron os representantes do goberno local, que destacaron que a partir de agora as nenas e os nenos deste colexio “poderán aproveitar ao máximo este espazo exterior cuberto”.

Lea también

16 negocios de hostelería participan en una nueva edicion de “Neda a petiscos”

El Ayuntamiento ha presentado este viernes 19 una nueva edición de “Neda a petiscos”. La …