Inaugurouse en Cerdido o Parque de Educación Viaria «Pedaliño»

Instante da inauguración – Concello de Cerdido

O Concello de Cerdido inaugurou hoxe pola mañá o Parque de Educación Viaria “Pedaliño” no CEIP da Barqueira. Dende o Concello e coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico impartiuse unha charla para concienciar aos máis pequenos sobre a importancia da seguridade viaria e o cumprimento das normas de circulación.

O Concello de Cerdido, financiado polo PAS da Deputación da Coruña do ano 2015 fixo unha aposta pola seguridade viaria e instalou un parque viario no recinto do CEIP da Barqueira, unhas instalacións que estarán a dispoñibilidade da poboación de Cerdido. As obras consistiron no pintado dun circuíto coa súa señalización, rotondas, pasos de peóns, semáforos e coches a pedais.

Para escoller a imaxe do parque fíxose un concurso entre tódolos nenos e nenas do colexio. A debuxo gañador foi o realizado por Noemie García Martín que foi galardoada con varios agasallos que lle foron entregados no día de hoxe polo alcalde D. Benigno Galego.

Lea también

Ares acada o epicentro de Atenas no marco do proxecto europeo ‘Sporural’

A concelleira de Deportes de Ares, Alma Barrón, e membros do equipo técnico deportivo e …