Cedeira lembra aos veciños e veciñas castigados pola Dictadura

Fot. Xosé Cheda

(Do correspondente de Galicia Ártabra, Xosé Cheda)-Os veciños de Cedeira represaliados polo réxime franquista están desde este domingo día 30 de abril,  na memoria colectiva da vila coa colocación dunha placa na plaza da Revolta, no mesmo monolito no que xa había outra en lembranza das vítimas do campo de concentración que houbo na localidade durante a guerra civil. 

O acto, organizado pola Asociación Memoria Histórica Democrática (AMHD) e o Concello cedeirés, reuníu aoredor de cen persoas que, a pesares da choiva e do vento, quixeron estar presentes nun encontro de homenaxe e recordo a aqueles que foron especialmente castigados pola ditadura.  

Fot. Xosé Cheda

Entre eles atopábase José Antonio Fernández, fillo do alcalde cedeirés fusilado no ano 1936 no castelo de San Felipe Manuel Fernández, que recibiu como recoñecemento público á memoria do seu pai a bandeira galega que ata ese momento estaba a cubrir a placa realizada polo escultor Manuel Ferreiro sobre un deseño deo ferrolán Siro López

Na parte central da mesma podese ler: “De vendaval a nordeste/do Eixil a Capelada/ unha cantiga inmorrente/ conta que fostes semente/ de xermolou na esperanza”, mentres que a frase “En eterna lembranza das mulleres e homes de Cedeira vítimas do terror franquista. Sen memoria… non hai historia” recorre toda a súa contorna. É unha laminiña “sentida” e “mericida”, segundo reconoceu na súa intervención Robustiano Labraña (Anova), concelleiro de Educación do goberno cedeirés, que, a continuación, explicou aos alí presentes os tres motivos que diron lugar ao encontro: a conmemoración da República (14 de abril de 1936), a necesidade de recordar ás 700 persoas que estiveron presas no campo de concentración de Cedeira e o agradecemento público aos veciños da vila que “na defensa dos seus ideais loitaron ata perder as súas vidas”. 

Fot. Xosé Cheda

Enrique Barrera, historiador e membro da Asociación Memoria Histórica Democrática, interveu no acto para sinalar que España é o segundo país do mundo con máis fosas comúns e para pedir que “a xente que loitou ata morrer permaneza no recordo colectivo para que se saiba de onde vimos e onde imos”.

Fot. Xosé Cheda

Pola súa banda, María Xosé Rodríguez (BNG), primeira tenente de alcalde de Cedeira, recoñeceu sentirse especialmente orgullosa pola celebración do acto e pola colocación dunha placa  para que as vítimas do franquismo teñan un “merecido” recoñocemento dos veciños e tamén das persoas que pasen por aquí”.

Fot. Xosé Cheda

José Luis Vergara, exalcalde socialista de Cedeira, tamén quixo falar no encontro para agradecer públicamente a labor que fai a AMHD e para recordar que libertade, progreso e xustiza foron os ideais que “iluminaba o sentir destes mortos”, polo que reivindicou a república como modelo de Estado.

Fot. Xosé Cheda

O alcalde de Cedeira, Pablo Moreda Gil, pechou o acto agradecendo a presenza dos asistentes  e tendo un recordo moi sentido ás familias dos represaliados que, a pesar da súa situación,  educaron aos seus fillos en valores democráticos.  

Unha ofrenda floral e a interpretación á gaita da alborada Abrente en Cordobelas e do himno galego foron os dous últimos actos dun programa moi emotivo.

Lea también

A Feira Cabalar do 23 de abril encherá Moeche de milleiros de visitantes

A Asociación Ecuestre 23 de Abril, organizadora do evento, premiará os animais que mellor desempeño …

Un comentario

  1. Non hai xustiza