Narón abre o prazo de inscrición en «Ponte en ruta con nós»

O Padroado de Deportes de Narón abriu hoxe o prazo de inscrición na vindeira andaina do programa municipal “Ponte en ruta con nós”, coorganizado coa empresa Arasti Barca. Nesta ocasión os camiñantes deberán estar ás 9.00 horas no pavillón polideportivo da Gándara o 28 de maio, desde onde un autobús os levará ata a igrexa de Sedes, donde comezará a camiñata a pé cara ao pabellón da Gándara, por un tramo duns vinte quilómetros.

As inscricións deben formalizarse no pavillón polideportivo da Gándara, cubrindo unha instancia e aboando unha cuota de tres euros, coa que se pagan os gastos de desprazamento en autobús dos participantes. O horario para poder anotarse é de luns a xoves, de 10.00 a 13.00 e desde as 16.30 ata as 18.30 e os venres de 9.00 a 13.00. Non poden participar neste programa menores de 18 anos sen ir acompañados do seu pai ou nai ou por un titor/a.

Lea también

Álex Rilo, representación ferrolana en la Copa del Mundo de Lievin

El ferrolano Álex Rodríguez Rilo disputará este sábado la Copa del Mundo de Lievin en …