Ferrolterra será protagonista mundial das carreiras de aventura coa celebración do Raid Gallaecia 2017

Instante da presentación – Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña acolleu hoxe a presentación do Raid Gallaecia 2017, unha competición incluida no calendario da Copa do Mundo de carreiras de aventura que se desenvolverá entre o 7 e o 14 de maio en catorce concellos das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

Durante seis xornadas, máis dun centenar de deportistas de 18 nacionalidades diferentes, repartidos en 34 equipos, participarán nesta proba, a cuarta das oito que compoñen as series mundiais do Raid de Aventura, que xa pasou por Nueva Zelanda, Paraguay e Ecuador e que recalará na provincia da Coruña para continuar despois en Francia, a segunda parada europea do mundial.

O evento foi presentado hoxe polo deputado responsable da área de Deportes da Deputación da Coruña, José García Liñares, os deputados provinciais e alcaldes de Ortigueira e Pontedeume, Juan Penabad e Bernardo Fernández, o delegado de Deportes da Xunta na Coruña, Roberto García, o director de markéting de Gadis, Antonio Cortés, o presidente da Federación Galega de Orientación, Tito Arufe, e o director da carreira, Pablo López Franco, que destacou o alto nivel dos equipos e a dureza dunha proba na que os participantes terán que percorrer máis de 500 quilómetros durante seis xornadas en etapas de trekking, de ciclismo de montaña, de kayak e barranquismo, nunha competición en formato non-stop (sen descansos) que pon a proba, ademáis da forma física, a súa capacidade de resitencia e orientación.

Catorce concellos da comarca

O itinerario previsto partirá de As Pontes o domingo día 7 e percorrerá os concellos de A Capela, As Somozas, Ortigueira, Mañón, Cariño, Cedeira, Valdoviño, Ferrol, Narón, Neda, Fene, Pontedume, Cabanas e Ares. Está previsto que os primeiros equipos cheguen á meta arredor do mediodía do xoves 11 tras percorrer centos de quilómetros que atravesarán enclaves de referencia da comarca como as Fragas do Eume, Estaca de Bares, a costa Ártabra ou a ría de Ares. Dous días despois, o sábado 13, terá lugar o peche de meta e a entrega de premios aos gañadores da proba.

Queremos felicitar á organización pola zona elixida para celebrar esta proba mundial, pois entendemos que contribuirá a dar a coñecer en todo o mundo a inmensa riqueza natural e paisaxística dos concellos da zona norte da provincia”, afirmou o responsable de Deportes da Deputación da Coruña, José García Liñares, que destacou que a institución provincial apoia tamén a deportes como as carreiras de orientación “que non son aínda moi coñecidos, pero reúnen valores principais do deporte como o traballo en equipo, o sacrificio, o esforzo, a ilusión e a paixón”.

Neste sentido pronunciouse tamén o presidente da Federación Galega de Orientación (Fegado), Tito Arufe, que apuntou que “Galicia é top en carreiras de orientación en España”, con máis de 700 deportistas federados na actualidade e, coa celebración desta proba, “será número un no mundo a vindeira semana”.

O presidente da Fegado destacou que os equipos están constituidos por homes e mulleres “que durante cinco días terán a oportunidade de practicar deporte e descubrir ao mesmo tempo o espectacular que é o norte da provincia da Coruña”.

Pola súa banda, o alcalde de Ortigueira, Juan Penabad, que falou en nome dos catorce municipios polos que discorrerá a carreira, considerou “un orgullo para comarca acoller unha proba deportiva de primeiro nivel que será ademáis un execelente escaparate para mostrar ao mundo todo o que temos que ofrecer”.

Seguimento en directo por internet

O director da carreira, Pablo López, destacou que os afeccionados van a poder seguir en directo a proba por internet a través da aplicación Track The Race (https://tracktherace.com/es/raid-gallaecia-2017-arws/countdown) que ademáis de permitir ver en todo momento a ubicación exacta dos equipos e as súas evolucións, ofrece a posibilidade de interactuar con eles ou deixarlles mensaxes de ánimo.

Ademáis, por primeira vez, algúns corredores portarán cámaras que emitirán imaxes en directo, permitindo un completo seguemento da competición.

Lea también

Manuel Permuy obtiene muy buenos resultados en el AJP World Tour

  El pasado fin de semana se celebraron en la ciudad de Estambul (Turquía) dos …