A Festa do Lisco se celebrará este sábado en Doso

A Concellería de Festas de Narón, dirixida pola edil Mar Gómez, e a AVV A Naveira, de Doso, organizan un ano máis a “Festa do lisco”. A cita programouse para este sábado, 6 de maio, baixo unha carpa climatizada que se instalará para a ocasión na pista polideportiva da parroquia, e dará comezo sobre as 22.00 horas. As persoas interesadas en asistir á degustación gastronómica poden adquirir aínda as súas entradas no local social de Doso ou, no caso de que queden algunhas, o propio sábado na pista polideportiva. Desde a organización indicaron que xa está confirmada a asistencia dunhas 150 persoas e indicaron que a carpa ten capacidade para algo máis de 200 comensais.

O menú será a base de paella, liscos á brasa, pan, cachelos, bebidas, café, bola e queimada. O prezo é de 14 euros para os socios da AVV A Naveira e de 18 euros para o resto de asistentes.

O dúo musical D´Ases será o encargado do apartado musical, amenizando esta nova edición da “Festa do lisco” en Doso.

Lea también

Prosiguen en Valdoviño los encuentros vecinales, esta vez en la casa de la cultura

Los Encuentros Vecinales en las Parroquias continúan esta semana en Valdoviño. Este jueves 25 de …