Valdoviño e Océano Surf Club invitan ó sector a participar na construción do primeiro Museo do Surf de España

Instante da presentación en Avilés – Concello de Valdoviño

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, e Vicente Irisarri, en representación do Océano Surf Club, invitaron ó sector do surf en España a participar na construción do que se convertirá no primeiro Museo do Surf en territorio nacional. O chamamento tivo lugar onte á tarde na feira ExpoSurf, a primeira destas características no Norte de España, celebrada a pasada fin de semana no palacio de exposicións da Madalena de Avilés. Era o foro escollido polo Concello para levar a cabo a presentación nacional do Océano Surf Museo, cuxas portas prevé abrir en agosto.

E ata alí viaxaba unha delegación encabezada por Alberto González, Vicente Irisarri, as concelleiras de Turismo e Cultura, Rosana García e Jessica Sabín, así como representantes das escolas de surf de Valdoviño socias no proxecto –Iván Manso, Samuel Pantín e Marcos Pita (en representación de Valdo Surf School; Pantín Surf Camp; Alawa Surf Camp e Santiago de Pantín Surf)-.

No transcurso de ExpoSurf, os representantes locais non só pediron a colaboración do sector para ampliar e enriquecer os fondos do Museo, animando a todo aquel que o desexe a poñerse en contacto coa Administración local –tlf. 616 89 25 72 ou web@concellodevaldovino.com- para valorar posibles cesións, senón que tamén deron a coñecer un avance do documental sobre a historia do surf en Galicia. Traballo que está a disposición do público na web municipal www.concellodevaldovino.com e nas redes sociais do Concello e do propio museo.

O futuro Océano Surf Museo ubicarase na Casa da Cultura, edificio emblemático premio nacional de arquitectura e, na actualidade, o Concello traballa man a man coas escolas de surf do municipio e co Océano Surf Club nos contidos das instalacións, nos que se repasarán os orixes e historia do surf, prestarase especial atención ós seus precursores en Galicia e, tamén, ó Pantín Classic, unha das competicións máis senlleiras e veteranas do circuito.

Lea también

Jornada de iniciación al surf en la playa de Pantín, Valdoviño

Santiago de Pantín Surf School organiza una jornada de iniciación al surf el próximo sábado  …