O Baloncesto Narón premini achégase á fase final do Campionato Galego

Equipo premini – Baloncesto Narón

O Baloncesto Narón conseguiu a pasada fin de semana unha dobre vitoria na primeira concentración do seu grupo da Liga Galega de categoría premini para achegarse así á fase final que se disputará novamente no concello da Estrada os vindeiros 27 e 28 deste mes.

O equipo que preparan Pablo Fuertes e Rubén Durán exerceu de anfitrión nesta primeira xornada na que se mediron ao Obradoiro masculino da Coruña e ao outro representante da Delegación Ferrolá de Baloncesto, o Fisioterapia Cenfis-Basket Ferrol. Os locais venceron no primeiro enfrontamento por un claro 54-4 e no segundo por 93-51, resultados que o colocan como líder do grupo e máximo favorito para acadar o primeiro posto, que dá acceso directo á fase final da Estrada.

O pavillón do colexio Santiago Apóstol acollerá tamén a segunda xornada, a disputar o sábado 13. O Baloncesto Narón medirase ao Estudiantes Azul Leyma Natura e novamente ao Obradoiro masculino da Coruña.

Pola súa banda, o conxunto infantil do Baloncesto Narón non puido comezar con vitoria a fase de ascenso a Primeira División. Nun partido igualado, o equipo preparado por Samu Barros e José Carlos Grandal pagou caro o seu nerviosismo e caeu diante do CB Porto do Son por 51-61. Na segunda xornada xogará contra un dos “cocos” da categoría, o Culleredo.

Lea también

Jornada de iniciación al surf en la playa de Pantín, Valdoviño

Santiago de Pantín Surf School organiza una jornada de iniciación al surf el próximo sábado  …