Medio Rural lamenta a falta de colaboración de Ortigueira na recollida da pataca afectada pola couza

A Consellería do Medio Rural lamenta a falta de colaboración por parte do concello coruñés de Ortigueira nos traballos de recollida da pataca afectada pola couza guatemalteca e lémbralle que para erradicar esta praga, que afecta tamén aos veciños deste municipio, é preciso a implicación de todas as administracións.

No día de onte, o rexedor deste municipio impediulle aos técnicos da consellería estacionar o camión estancono que se trasladan as patacas recollidas de forma hermética para evitar calquera tipo de contaxio– no punto limpo do concello, tal e como se indicara nun primeiro momento a petición do propio alcalde. Así, houbo que desprazar o vehículo ata o municipio colindante de Mañón, o que provocou unha demora no proceso de recollida dos tubérculos.

Para evitar hoxe outra incidencia deste tipo, o departamento que dirixe Ángeles Vázquez solicitoulle á Consellería de Infraestruturas e Vivenda a posibilidade de deixar o camión nunha parcela da súa propiedade, localizada no polígono industrial do propio concello de Ortigueira co fin de seguir os labores de recollida e non entorpecer o calendario programado.

A consellería lamenta este tipo de actuación, que van en detrimento dos propios veciños e impide que haxa unha colaboración fluída entre administracións, como si se está dando co resto de concellos afectados independentemente da cor política.

Lea también

ENCE presenta o proxecto da súa pranta de Fibra Reciclada en As Pontes

Segundo as previsións que manexa Ence, na primeira fase xeraranse 100 empregos directos e preto …