Román Romero apoia o CD Narón trala arbitraxe sufrida nun partido de cadetes

Juan Ramos e Román Romero durante a rolda de prensa – Concello de Narón

O concelleiro de Deportes, Román Romero, e o presidente do Club Deportivo Narón, Juan Ramos, fixeron esta mañá pública a súa valoración do acontecido no partido de fútbol entre o Narón e o Eume das categorías cadete14 e 15 anos– disputado o pasado 29 de abril no campo de fútbol do Cadaval. Ramos recriminou a actitude do árbitro, que calificou de “prepotente e provocadora” e lamentou que se tivese que suspender o partido na primeira parte ao quedar o clube naronés con menos xogadores dos necesarios. “Nunca vin unha arbitraxe desa magnitude porque nin intencionadamente se pode facer así”, asegurou o presidente do clube naronés.

En concreto, Ramos explicou que o colexiado “menospreciou e faltou ao respecto aos menores” e apuntou tamén a un presunto cambio na acta, donde aparecía un xogador máis no banquillo que nese mesmo día e hora estaba disputando un partido no concello das Pontes. En canto ás posibles medidas á adoptar polo sucedido, Ramos explicou que algúns pais dos rapaces do clube naronés están estudando a posibilidade de levar a cabo accións legais contra o colexiado. “Desde o Clube Deportivo Narón somos os primeiros en respectar e en querer que se respecte aos árbitros, pero non se poden consentir este tipo de actitudes”. “Confiamos en que situacións deste tipo non se repitan e tamén queremos agradecer o comportamento exemplar da afición do Narón”, subliñou Ramos.

Pola súa parte, o edil naronés amosou o apoio da Concellería de Deportes ao Club Deportivo Narón. “Queremos destacar a súa actitude ante estes feitos, xa que a pesar do acontecido, e a falta dunha xornada de liga na que o Narón partía de segundo con posiblidade de ascender a primeiro e quedou terceiro, sen posibilidade de ascenso, non se pronunciaron ata rematar a liga, e tanto a afición como a directiva mantiveron a calma e repetaron ao colectivo arbitral e ao árbitro dese partido en particular”. O edil naronés incidiu na importancia de que “este tipo de actuacións non se repitan” e destacou o feito de que, neste caso en concreto no deporte base “os árbitros teñen que ser tamén mediadores entre os dous equipos para que os rapaces xoguen e o pasen ben e que gañe quen teña que gañar”.

Lea también

June Moreno, quinta en la copa junior de Lignano

El pasado fin de semana se disputó en Italia, la Copa de Europa de Lignano, …