Dous ouros e unha prata para o Club Ximnasia Artística Ferrolterra no III Torneo da UDC

As ximnastas no torneo – Club Ximnasia Ferrolterra

A ximnasta do Club Ximnasia Artística Ferrolterra Ainhoa Tenreiro Mosquera acadou esta pasada fin de semana dúas medallas de ouro en chan e barra de equilibrio e medalla de prata en asimétricas, no III Torneo de Ximnasia Universidade da Coruña. A deportista do club fenés conseguiu ademais o primeiro posto no cómputo dos catro aparatos da xeral na súa categoría, Promogym 3.

Pero esta non foi a única participación destacada das ximnastas fenesas no torneo celebrado o sábado 13 de maio no pavillón do Campus de Elviña. Segundo informa o club, a representación fenesa –atendendo ao reglamento do Torneo– foi de seis ximnastas, o máximo permitido. Así, tomaron parte no encontro: Alba González Gorgullo, Lola Caínzos Díaz e Andrea Martín Iglesias (Nivel 1_8 e 9 anos), Judith Lago Varela (Nivel 2_Maiores) e Paula Parada Rodríguez e Ainhoa Tenreiro Mosquera (Promogym 3).

Todas as nosas ximnastas estiveron excelentes, a pesar dos nervios por ser o primer torneo do ano , amais de que se estreaban a maioría en categoría ou nivel de competición”, salienta o club en nota de prensa.

Neste Torneo participaron, ademáis do Club Ximnasia Ferrolterra, o club organizador que foi o Universidade da Coruña, o club escola Universidade Da Coruña, os clubes madrileños Aluche e Coslada, o de Badaxoz, o club Bled–Aix, o Bayo Sil do Bierzo, o club de ximnasia Tempo da Coruña e Sada e o club Real Grupo de Cultura Covadonga, de Gijón.

En próximas datas, un grupo de ximnastas do club fenés participarán no Torneo de categorías Promogym de Gijón, organizado polo RGC Covadonga.

Lea también

Boa actuación dos másters galegos no Campionato de España de 5K

Excelente balance para o atletismo máster galego que voltaba esta fin de semana cun total …