Este venres comeza en Cedeira unha homenaxe a José Afonso no primeiro Festival de Música Galego-Portuguesa

(Cedeira, do noso correspondente Xosé Cheda). A vila de Cedeira prepárase para celebrar esta fin de semana o primeiro Festival de Música Galego-Portuguesa, unha iniciativa do Concello para unir os sons e as melodías que se fan a ámbalas dúas marxes do río Miño.

“Traz outro amigo também” é o título desta primeira edición dun programa dedicado a José Afonso, de cuxo pasamento se cumpre o trixésimo aniversario e do que o concelleiro de Educación, Robustiano Labraña, dixo que fora un artista “épico, único, un dos máis importantes e representativos cantautores que houbo a nivel mundial”.

Ás  20.00 horas. No Palacete municipal, inauguración da exposición biográfica e musical sobre a figura de José Afonso. (Comisario: Paulo Esperança, vicepresidente da Associaçao José Afonso).

Ás 21.30 horas no Auditorio municipal, concerto “Cedeira canta a Zeca”

Lea también

O tecido empresarial de Ares afonda na mellora do seu posicionamento dixital

A concelleira de Comercio, Lucía Blanco, achegouse á Casa da Xuventude para inaugurar os módulos …