Nava Castro salienta o papel do Festival de Música Celta de Ortigueira como incentivo turístico de Ferrolterra

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, salientou hoxe o importante papel que o Festival Internacional da Música Celta de Ortigueira está a ter nos últimos anos no destino das Rías Altas-Ferrolterra, converténdose, dixo, nunha das súas mellores cartas de presentación e en todo un incentivo turístico e económico da zona.

Nava Castro fixo estas declaracións hoxe durante a presentación da XXXIII edición do festival, onde tamén recordou a aposta do seu departamento por impulsar festas como estas polo seu importante valor como medio de difusión dos recursos turísticos e patrimoniais de Galicia no seu conxunto.

Neste sentido, referiuse ás 135 declaradas de interese turístico, das que 11 son de interese nacional e 9, entre as que se atopa este festival, teñen a consideración de ser declaradas Festas de Interese Turístico Internacional e están xa consolidadas como como “grandes reclamos que proxectan a esencia de Galicia no estranxeiro”.

Indicou que, festividades como o Festival Internacional de Música Celta de Ortigueira son ademais, un importante reclamo de visitantes, como demostran as cifras acadadas por este festival que é capaz de acoller a preto de 100.000 de media, chegados de diversos lugares do mundo que, ademais de gozar de boa música, tamén o fan desta vila mariñeira e de toda a comarca.

Motor económico

De feito, e como explicou, o destino de Ferrolterra rexistrou en todo o ano pasado un crecemento dun 13% en canto aos viaxeiros aloxados, preto de 140.000 e rondou as 300.000 pernoitas hoteleiras. “Estas cifras demostran que este é, sen dúbida, un destino atractivo que se ve reforzado con iniciativas como este Festival, que se converten tamén nun verdadeiro motor da economía local”, explicou.

Finalmente, referiuse á aposta do seu departamento por poñer en valor, promover e apoiar festividades como estas, como así se reflicte na Estratexia do Turismo de Galicia 2020, por ser un dos valores diferenciadores de Galicia que contribúen a situar internacionalmente o noso destino.

Lea también

Inaugurada en EXPONAV la muestra «Bo camiño, buen camino, good way» sobre el Camino Inglés

La sala Carlos III de la Fundación Exponav acogió en la tarde de este jueves …