O Pazo da Cultura acollerá o vindeiro domingo o espectáculo “Zampón o lambón”

Música, títeres e actores compartirán escenario con xigantes e cabezudos o vindeiro domingo, 21 de maio, no Pazo da Cultura. A compañía Urdime Propostas Culturais será a encargada de representar, a partir das 18.00 horas, o espectáculo “Zampón o lambón”, dirixida a público familiar (a partir de 4 anos).

Os protagonistas deste espectáculo son o investigador Brais e o músico de banda Chispín, dous heroes que se enfrontarán ao devorador de palabras máis lambón do mundo, o xigante Zampón, para poder tocar ante o pobo de Ledicia. Brais e Chispín terán que superar varias probas para que esta historia remate cun final feliz.

As entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo ou a través da páxina web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral; de 6,65 para abonados e desempregados e de 5,50 para menores de 14 anos.

Lea también

María Canosa comparte no PAI de Valdoviño a súa obra “Unha fábrica de bicos”

Convidada polo Concello de Valdoviño, a escritora María Canosa visitou o luns a Aula da …