A Deputación financia a contratación de 7 peóns no Concello de Ortigueira

Trabajadores contratados con estos fondos – Deputación da Coruña

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe as bases do proceso selectivo para a contratación de 7 peóns no Concello de Ortigueira, cuxos custos laborais e de seguridade social asume a Deputación da Coruña a través da liña de apoio aos Concellos do Plan de Emprego Local (PEL-Concellos).

Os operarios realizarán servizos municipais como diversas actuacións de limpeza, roza, sega e pequenas obras de reparación e mantemento nas infraestruturas, áreas verdes e mobiliario urbano do concello.

Deste modo, a liña PEL-Concellos do Plan de Emprego da Deputación persegue un dobre obxectivo: por unha banda, mellorar a prestación de servizos e obras a nivel local por parte dos concellos que, debido á crise e ás restricións que afectan a todas as entidades locais, teñen dificultades para cubrir axeitadamente a prestación de servizos mínimos esenciais para a poboación e, por outra banda, favorecer a incorporación ao mercado laboral de persoas con necesidades especiais e con maiores dificultades para atopar un emprego.

En total, estas axudas supoñen un investimento de 2.845.354,16 euros no 2017 para apoiar aos 82 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes na creación de emprego, e que se distribúen conforme a criterios obxectivos coma o número de parados en cada municipio. A través do PEL, o concello de Ortigueira pasou de recibir 11.400 euros no 2015 a un total de 39.980,85 euros no 2017 para o fomento do emprego.

Desde a posta en marcha destas axudas no 2016, o PEL-Concellos supuxo un investimento de 5.825.254 euros para impulsar as contratacións nos pequenos e medianos concellos coruñeses, que o ano pasado xa se traduciu en 519 novos postos de traballo.

Destinado a desempregados con dificultades para a integración laboral

Entre os requisitos que deben cumprir os aspirantes ás 7 prazas de peón, figuran ter cumpridos os 16 anos de idade e estar inscritos no Servizo Galego de Colocación como demandantes non ocupados.

Así mesmo, a Deputación esixe nas bases do programa que a contratación beneficie especialmente a aqueles colectivos máis afectados polo desemprego: maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas cun grao recoñecido de discapacidade, persoas pertencentes a fogares con todos os seus membros en paro, vítimas de violencia de xénero, persoas en risco de exclusión social ou mulleres, dado que o índice de paro rexistrado entre as mulleres é sensiblemente superior ao dos homes.

Dentro destes colectivos, outorgaranse puntos extra a aquelas persoas que teñan rematado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas administracións públicas.

Lea también

El concello de Neda exigió la solución inmediata del problema de conexión telefónica

En la mañana de este viernes ante el problema sufrido por varios vecinos del concello …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *