Afundación organiza unha sesión de contacontos interxeracional en Ferrol para celebrar as Letras Galegas

Afundación continúa coas actividades programadas para a conmemoración do Día das Letras Galegas, este ano dedicado ao escritor Carlos Casares. A actividade principal é unha sesión de contacontos interxeracional que se levará a cabo en Ferrol na que socios e socias dos Espazo +60 Afundación da devandita localidade e nenos e nenas de educación infantil descubrirán xuntos o conto A galiña azul, unha obra que Carlos Casares escribiu para que Ana, unha rapaza que abandona Galicia xunto aos seus pais, nunca se esqueza do galego nin desta terra.

A sesión será o luns 22 de maio e nela participarán 4 socios e socias do Espazo +60 de Ferrol quen representarán o conto para nenos e nenas de educación infantil do CEIP Manuel Masdías. A actividade comezará ás 10.30 h e farase no patio da Sede Afundación de Ferrol.

A iniciativa enmárcase na liña estratéxica «O valor da experiencia», da Área de Envellecemento Activo de Afundación, que ten como obxectivo ampliar as oportunidades de participación e de contribución social das persoas maiores, aproveitando o seu talento e a súa experiencia vital e profesional, a través de programas interxeracionais e de voluntariado, que beneficien outros grupos da sociedade.

Lea también

Neda, se convierte en epicentro cultural de Ferrolterra

La Casa de las Palmeras ha acogido la inauguración de la XIX edición de las …