Escolares de Narón participan na Caravana de Educación Viaria de Mapfre

Parque de educación viaria – Concello de Narón

O concelleiro de Seguridade Cidadá de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e Miguel Ángel Pérez, en representación da Fundación Mapfre, desprazáronse esta mañá á Praza da Gándara para visitar aos escolares que hoxe participaron nas actividades impulsadas polo citado organismo, en colaboración co Concello de Narón, na Caravana de Educación Viaria de Mapfre, que estará na cidade ata o vindeiro venres, día 26. Dous respresentantes do equipo de Educación viaria do Concello, Pedro Caneiro e Simón Cabarcos, estiveron tamén na citada ubicación, donde menores de entre 8 e 12 anos participan activamente en varias charlas de seguridade viaria e realizan prácticas con karts eléctricos nun circuíto instalado na praza.

Persoal de Mapfre experto na materia transmítelles aos escolares “a importancia de utilizar cadeiras infantís, abrochar o cinturón de seguridade, utilizar o casco ciclista e establecer contacto visual cos condutores ao cruzar a vía como peatóns, comportamentos clave para non sufrir un accidente de tráfico con consecuencias fatais”, tal e como recalcaron desde a Fundación Mapfre. Hoxe participaron nas actividades –un “Aula móbil” donde se promoven a convivencia, a tolerancia e o diálogo, entre outros valores; un circuíto e un “Rincón da prevención”, para identificar situacións de risco no colexio, no fogar ou en espazos públicos- algo máis de douscentos de Narón. Ata finais de semana pasarán pola zona outros escolares de centros públicos e concertados da localidade e tamén de colexios de San Sadurniño e Pontedeume.

A Caravana de Educación Viaria é unha actividade educativa de balde para que os máis pequenos aprendan, desde as primeiras etapas educativas, a comportarse de forma responsable e segura como peatóns, como viaxeiros e como condutores de bicicletas”. Así o indicou Miguel Angel Pérez Fernández, representante da Fundación Mapfre, que sinalou tamén que “é básico aprender e interiorizar os conceptos de seguridade viaria desde a infancia para respectar máis adiante as normas que permiten compartir as vías públicas sen lamentar a pérdida de vidas”.

Pola súa parte, Guillermo Sanchez Fojo, concelleiro de Seguridade Cidadá manifestou o seu agradecemento á Fundación Mapfre, “que un ano máis trae á nosa cidade esta caravana itinerante, unha actividade educativa que reforza os diversos proxectos impulsados desde o Concello de Narón en materia de Educación Viaria e dirixidos a diferentes colectivos, dos que tamén valoramos enormemente a súa implicación”.

O edil recordou que hai tan só uns días se poñía en marcha na cidade o proxecto “Camiño Escolar Seguro”, dirixido a alumnado de Infantil e Primaria que vai camiñando ao colexio por unhas rutas seguras, previamente deseñadas, e que complementa os programas “Bica e Arrinca”, iniciado hai catro meses, e ao que seguirá o de “Estacionamentos de proximidade”, ambos para evitar posibles riscos ante a masiva afluencia de vehículos nas horas punta de entrada e saída dos centros educativos. “A Educación Viaria é unha materia sobre a que levamos moitos anos traballando en Narón, non só nos centros educativos, senón tamén con outras entidades e asociacións do municipio. Somos conscientes da necesidade de incidir nesta área para reducir os índices de sinistralidade nas estradas, fomentar a seguridade e inculcar á cidadanía a importancia de respectar as normas de circulación”, subliñou Sánchez Fojo.

Dende a Fundación Mapfre recordaron tamén que dita entidade visitará outras 23 cidades en España e Portugal, donde está prevista a participación dun total de 23.000 rapaces e rapazas. Os accidentes de tráfico, indicaron, continúan sendo unha das principais causas de mortalidade infantil nos menores, e en 2015 provocaron a perda da vida de 25 nenos e nenas de 0 a 14 anos en España.

Lea también

La Asociación de Hosteleros de Narón y Ferrolterra acuerda con el concello de Narón la ampliación del horario de cierre durante Semana Santa

La Asociación de Hosteleros de Narón y Ferrolterra ha dirigido una solicitud formal al Ayuntamiento …