Este xuño, a cultura sae as rúas de Ferrol na procura de público

Presentación do EstéNarúa – Concello de Ferrol

Este mes de xuño, a Cultura, con maiúsculas, sae dos espazos habituais para encher de vida as rúas con valentía na procura do público.

Así o manifestaba hoxe o concelleiro de Educación, Cultura e Festas, Suso Basterrechea, este martes en rolda de prensa na presentación da V edición do Festival EsteNaRúa, o festival internacional de Teatro Amador e artes escénicas, que empurra Ti e Mais Eu Teatro, con respaldo da Concellería de Cultura, e que se vai desenvolver do 1 ao 4 de xuño combinando teatro, música, danza, maxia e poesía.

Un evento singular e multidisciplinar, ‘o mais importante de todo o Noroeste da Península Ibérica‘, que chega a súa V edición cunha programación extensa e coidada que terá a súa base operativa nun hotel céntrico da cidade os días 1,2,3 e 4 de xuño.

Nada mais rematar, EsteNaRúa, tomará o relevo a II edición de Fóra do Mapa, que foi presentado por Cristina Moreira e Iolanda Muíños, do 5 ao 11 de xuño.

Fóra do Mapa pretende, precisamente, pór Ferrol no mapa escénico e artístico de Galicia, apuntan desde a organización. Entrar a formar parte do roteiro de festivais de arte do país e, para iso, contaremos coas actuacións dunha escolma de compañías galegas, que faltaron da programación ferrolá nestes derradeiros anos, contando á súa vez co grande talento local na escena e con convidados doutros puntos do estado.

Fóra do Mapa busca ser o punto de unión dos profesionais da escena, artellar redes entre aqueles que traballan na comarca, divulgar o teatro contemporáneo, e pór en valor o noso patrimonio arquitectónico a través da axitación artística.

Nesta segunda edición, o festival terá lugar en distintas localizacións do barrio ferrolán de A Magdalena, coa sede central no edificio do Centro Cultural Torrente Ballester.

Pódese consultar toda a programación na web www.foradomapa.net. Ocupará distintos espazos emblemáticos como o Teatro Jofre, o CTB, o forno Galiano, a ferrallería Sanchís, en Ferrol Vello e os xardíns do Parador. Entre as novidades a destacar nesta edición, o obradoiro de Adolfo Simón, a presenza da compañía Señor Serrano, e o autoroteiro guiado de Lúa Gándara.

Lea también

Ares entrega os premios do IV Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos Escolares

Concello de Ares e CPI As Mirandas entregaron esta semana os premios do IV Concurso …