A 6º edición do “Encontro Municipal Interxeracional” terá lugar o 18 de xuño no paseo marítimo de Xuvia

Teresa Sabio durante a reunión – Concello de Narón

A concelleira de Promoción Social, Teresa Sabio, anunciou a apertura do prazo para participar na sexta edición do Encontro Municipal Interxeracional, que terá lugar o vindeiro 18 de xuño no paseo marítimo de Xuvia. A edil naronesa mantivo unha xuntanza cos representantes das asociacións que habitualmente colaboran nesta convocatoria para ultimar os detalles da programación a desenvolver durante a xornada, que inclúe unha comida de confraternidade a partir das 14.00, baixo unha carpa que se instalará na zona para a ocasión.

A edil explicou que as persoas interesadas en anotarse para participar ou en adquirir os tickets para o servizo de cátering deben facelo a través das entidades que o xestionan: as asociacións veciñais Ceibe, de San Xiao; Alto do Castiñeiro; Virxe de Fátima, de Freixeiro; A Gándara, A Solaina, Chafarís, A Naveira, de Doso; Os Irmandiños, do Val; Rosa dos Ventos, de Sedes; San Mateo; O Couto e Virxe do Mar. Así mesmo, venderanse no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros; na Asociación da Terceira Idade da Solaina; na Fundación Terra de Trasancos, da cooperativa do Val; en Aspanaes; na asociación Bbtta; na ASCM Narón; en Aspanemi; na Asociación de Mulleres Rurais San Clemente; na Asociación de Terceira Idade de Pedroso; en Gaikai; na ATM Virutas; na Asociación Chamorro; no Círculo de Xadrez Narón. O prezo dos tickets é de 17 euros, para un menú a base de langostinos, callos, carne asada, proia, bebidas, café e chupito. O prazo para apuntarse rematará o vindeiro 4 de xuño.

Aquelas persoas que asistan ao Encontro Municipal Interxeracional e non soliciten o servizo de cátering poderán levar a súa propia comida e o Concello porá á súa disposición mesa e sillas baixo a carpa, polo que tamén é preciso anotarse previamente nas citadas entidades, tal e como apuntou a edil de Promoción Social e Iguadalde.

En canto ao desprazamento, haberá autobuses a disposición da veciñanza que desexe acudir a este Encontro Municipal Interxeracional. O servizo percorrerá todas as parroquias de Narón, se ben as rutas e os horarios comunicaranse nuns días, tal e como explicou a concelleira naronesa.

Sabio avanzou que ao longo da mañá e da tarde o 18 de xuño haberá diversas actividades en horario de mañá e tarde –música, baile, exposicións, etc.-, que se presentarán unha vez se peche definitivamente a programación, e inchables para nenos e nenas nas inmediacións da carpa.

Lea también

Cambio de sentido da circulación en Narón en tres rúas do barrio da Solaina

O edil de Seguridade Cidadá, José Oreona, informou que a partir deste xoves 25, cambiará …