O Concello de Cabanas abre o prazo de inscrición no seu Torneo de Pádel

O Concello de Cabanas promove un ano máis unha nova edición do seu Torneo de Pádel. Una cita xa consolidada no calendario deportivo do municipio, onde día a día medra a afección por esta disciplina deportiva.

A sexta edición desta competición celebrarase do 9 ao 18 de xuño nas pistas da Área Recreativa e Deportiva da Veiga. Organizado de forma conxunta polas concellerías de Deportes e Cultura, o torneo manterá aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 2 de xuño. E, para formalizala, o Concello ofrece varias alternativas: enviando un correo electrónico ao enderezo cultura@cabanas.gal; chamando por teléfono ao número 981 49 59 59 extensión 3, ou presencialmente no propio consistorio. A cuota é de 10 euros por persoa nunha categoría e 15 por persoa se a inscrición se realiza en dúas.

O Concello facilita a consulta das bases da competición na web municipal www.cabanas.gal e avanza que, como é tradición, haberá tres categorías: masculina, feminina e mixta.

O torneo repartirá trofeos aos mellor clasificados e agasallará a todos os participantes cun detalle conmemorativo para lembrar o seu paso por esta cita deportiva.

Lea también

El Racing infantil logra un brillante ascenso a División de Honor

El Racing infantil certificó el domingo su ascenso a División de Honor tras derrotar al Vitoria. …