O alcalde de Narón lamenta o “continuo descoñecemento” que amosa o portavoz do PP

Alcalde Narón- Fot. Galicia Ártabra

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, lamentou o “atrevido e continuo descoñecemento” amosado unha vez máis polo portavoz do grupo municipal do PP sobre o traballo realizado desde o goberno local. O primeiro edil naronés saíu ao paso das declaracións formuladas polo popular e explicoulle de novo que “o que se aprobou co Edusi foron unhas liñas de acción, que son de obrigado cumprimento, e unha vez que se conceden as axudas, como foi o caso, é o momento de deseñar os proxectos e marcar os seus prazos de execución”.

Blanco incidiu en que estas explicacións xa se realizaron no seu día, cando se solicitou o Edusi na primeira convocatoria, aprobándose no pleno esas liñas de acción de obrigado cumprimento, das que se deu boa conta coa documentación plenaria a todos os grupos da corporación. Esas liñas divídense en catro apartados: “Melloras no uso e na calidade das tecnoloxías da información e da comunicación” -e-administración, Smart cities…- ; “Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores” –eficiencia enerxética, humanización de barrios…-; “Conservar e protexer o Medio Ambiente e promover a eficiencia de recursos” –desenvolvemento do patrimonio cultural, turismo, etc.-; e “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación” –estratexias urbanas, cohesión social, conciliación, voluntariado…-.

Así mesmo, en canto ás declaracións realizadas polo portavoz popular sobre o destino dos fondos Feder recibidos anteriormente de Europa, Blanco lamentou que, a maiores da información entregada aos grupos no seu día, non tivera a oportunidade de ver o cartel que leva meses colocado na entrada do Concello. No mesmo expecifícanse tanto as obras como os investimentos realizados con cargo ao programa Feder 2007-2013: A Escola infantil de Xuvia -761.243 euros-; un pavillón polideportivo cuberto -976.544-; o edificio de Aula rural en Aldea Nova -844.336-; a climatización do edificio de aulas do Pazo da Cultura -355.780-; unha ponte sobre a vía de FEVE na rúa da Torre -500.000-; o sorterramento na rúa Virxe de Covadonga baixo a vía de FEVE -685.000-; climatización e aire acondicionado no Pazo da Cultura -774.876-; instalación fotovoltaica e solar térmica no Concello -448.654-, no Centro de Formación para o Emprego -276.436-, no edificio da Policía Local e Servizos -144.754- e no Pazo da Cultura -232.522-; a instación e infraestrutura de rede de internet en zonas rurais -72.343-; a reforma da ponte sobre o río Freixeiro na estrada Miguel de Cervantes -522.864-; a reforma forestal da ribeira de Xuvia na citada ría -344.694- e a rehabilitación e o acondicionamento do parque forestal municipal do Couto -232.642 euros-. A falta de interese e de coñecemento por parte do portavoz municipal do PP chega a tal punto, indicou Blanco, que parte das obras realizadas fixéronse durante o mandato no que o PP formaba parte do goberno local de Narón.

O rexedor local asegurou que “este tipo de declaracións e informacións –en relación ás realizadas polo portavoz popular na cidade- veñen a demostrar a interinidade do seu cargo”. “Unha vez máis temos que lamentar o gran descoñecemento do portavoz do PP de Narón sobre a realidade do noso concello e, polo tanto, das actuacións que se realizan ou se proxectan de cara á mellora da calidade de vida de todos os nosos veciños e veciñas, un obxectivo que non ten límites e que nunca se pode dar por rematado”, subliñou Blanco.

Lea también

O Goberno de Narón chega a un acordo para manter o servizo de madrugadores

O goberno local e as Anpas de Narón chegaron a un acordo para manter temporalmente …

4 comentarios

  1. Perfecto Vilela

    Señor Blanco, lo de eliminar las ratas del parque de Freixeiro queda para el año que viene, ¿verdad? Más que nada porque ya parecen caballos… También podemos hablar de lo que se han gastado en la «ruta escolar» de Piñeiros, con la mitad de banderolas ya rotas por el viento y con mucho «mira aos dous ladiños» pintado en el suelo, pero sin pasos de peatones que se vean y con las calles llenas de furados. ¿Hablamos también de las células fotovoltaicas que se instalaron en cada farola de la carretera de Castilla y que nunca funcionaron? ¿O hablamos del maravilloso «soterramiento» de la calle Virxe de Covadonga, que quedó con una pendiente del 25%?

  2. Pero yo leo que efectivamente se invirtieron los fondos del FEDER donde dijeron desde el PP…

  3. no es por darles la razon a los del pp pero mucho no mintieron , casi un millon de euros en aldea nova y miren como esta , otro millon enterrado en el pazo y seguimos esperando por el dinero de la diputacion para que se pueda utilizar a pleno rendimiento , y la guarderia estuvo acabada y cerrada hasta que la xunta metio mano , casi tres millones y gastados sin mucho rigor

  4. Aquellos fondos FEDER del 2007, hace diez años ya, gestionados por el ex alcalde Gato rondaban creo recordar los 12 millones de euros de aquella época..En cambio esta vez Narón le corresponden 2,5 millones y para Ferrol 7,5. Alguien me puede explicar como se negocio este reparto? Es el más justo y mejor reparto para Narón? No entiendo que criterio se ha seguido y quién represento al ayuntamiento en dichas negociaciones porque debería llevar un tirón de orejas . Otro tema es el destino ahora de ese dinero y la falta de proyecto evidente en Narón desde hace ya tiempo…