Máis dun milleiro de alumnos de colexios naroneses participan este venres na X Marcha Ciclista Escolar

Fot. arch.

Alumnas e alumnos dos colexios naroneses Ponte de Xuvia, Jorge Juan, Piñeiros, O Feal, A Gándara, Santiago Apóstol, A Solaina, Ayala, Virxe do Mar, do centro Virxe de Chamorro e do colexio Maciñeira, (este último de Neda), participarán este venres na décima edición da Marcha Ciclista Escolar organizada polo Concello de Narón.

Escolares de terceiro a sexto curso de Primaria participarán un ano máis na Marcha Ciclista Escolar, unha iniciativa impulsada desde o Concello cada final de curso para fomentar a práctica do deporte entre o colectivo e que sirve ademais como xornada de convivencia entre os rapaces e rapazas”, apuntou o edil de Seguridade Cidadá e Transporte Público, Guillermo Sánchez Fojo. En total acudirán á convocatoria algo máis dun milleiro de rapaces e rapazas.

O alumnado dos diferentes centros escolares dividirase en tres grupos, que partirán por outras tantas rutas desde as instalacións educativas cara ao paseo marítimo de Xuvia. As saídas están programadas a partir das 10.15 horas, para xuntarse todos en Xuvia sobre as 11.30, donde se habilitaron zonas para aparcar as bicis de cada colexio, tal e como indicaron desde o equipo de Educación Viaria do Concello.

Unha vez que cheguen todos os rapaces e rapazas ofreceráselles bebida e un bocadillo, e gozarán cunha serie de sorpresas que cada ano se preparan para este evento. A volta cara aos centros está prevista sobre as 13.00 horas desde a rúa Marcial Calvo.

A iniciativa conta coa colaboración das Anpas, do Moto Club Fojeteiros, do ximnasio Beny Gym e dos clubes ciclistas Eskornabois, Vara e Pedal, Camaleones Narón Bike e Clásico BikeWorks, que acompañarán aos escolares e aos integrantes do equipo de Educación Viaria de Narón durante o percorrido. Así mesmo, as firmas Coca Cola, Gadis e o Centro Comercial Narón tamén contribúen no evento aportando as bebidas e os bocadillos que se entregarán aos escolares.

O concelleiro de Seguridade Cidadá pediu desculpas á veciñanza “polas posibles molestias que poidan ocasionar os cortes momentáneos na circulación rodada que se aplicarán para que poidan pasar os participantes nesta convocatoria, aínda que procuraremos que sexan mínimas”. Sánchez Fojo agradeceu tamén a implicación dos rapaces e rapazas que participan na Marcha Ciclista Escolar, así como de tódolos colectivos que se implicaron na organización da mesma.

Lea también

Ferreiro e Rey Varela valoran a desmontaxe das líneas de alta tensión entre Narón e Ferrol

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, está a finalizar o desmonte das dúas liñas de …