Valdoviño e Asfedro ofreceron unha charla en Vilaboa sobre o uso responsable dos fármacos

Instante da charla – Concello de Valdoviño

Unha decea de veciños e veciñas de Valdoviño tomaron parte onte á tarde na charla sobre o uso responsable de fármacos organizada pola Concellería de Servizos Sociais en colaboración con Asfedro. Celebrouse no local social de Vilaboa e estivo guiada polo farmacéutico da asociación.

Entre os contidos expostos, o experto de Asfedro centrou a súa intervención na importancia de tomar os fármacos dunha maneira correcta e responsable co ánimo de diminuír o consumo daqueles non indicados por profesionais; informar e concienciar á poboación en xeral dos riscos da automedicación, e formar no uso moderado e responsable dos mesmos.

Lea también

Un jurado declara no culpable a la mujer acusada de matar a su marido en Monfero

El Tribunal del Jurado ha considerado a la acusada de matar a su marido en …