Maiores, familias e equipo celebraron os Maios no Centro de Día da Rede Pública

Elaboración do maio – AFAL

O Centro de Día da Rede Pública de Alzhéimer en Ferrol convertiuse onte pola tarde en escenario da celebración dos Maios. Unha cita festiva na que tomaron parte os maiores que a diario acoden ás instalacións, as súas familias e o equipo ao completo. Tamén un grupo de pandereteiros e pandereteiras de entre 3 e 13 anos da Asociación de Veciños Santiago Apóstol de Lago, en Valdoviño. E é que a entidade volveu a colaborar unha vez máis con AFAL protagonizando unha actuación musical que os maiores aplaudiron moitísimo.

Así mesmo, a festa tamén incluíu a elaboración dunha alfombra floral entre todos os presentes e, como non, a tradicional merenda.

Lea también

La Cátedra Jorge Juan, promovida por la UDC y la Armada, conmemora su 30 aniversario en el Campus de Ferrol

El rector de la Universidad de A Coruña, Ricardo Cao Abad, preside, junto con el almirante …