O BNG esixe extremar control sobre o proxecto de aceso ferroviario ao porto exterior

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol diante do anuncio da Autoridade Portuaria de Ferrol na que declara a urxente ocupación dos terreos a expropiar con motivo das obras do proxecto do acceso ferroviario ao Porto Exterior e «nas que, entre as parcelas ocupadas, continuan a figurar as que ían destinadas a albergar os vertedoiros de entullos procedentes destes traballos«, considera preciso que se garanta definitivamente que estes traballos non se van desenvolver e de ser asi non ten sentido que se continue adiante con estas expropiacións de terreos boa parte de titularidade do Concello de Ferrol e propiedade dos veciños e veciñas de Brión e Doniños.

O BNG considera preciso que por parte do goberno local se esixa da Autoridade Portuaria que se garanta que os vertedoiros non se van a desenvolver, tal e como informou no seu día a Autoridade Portuaria en resposta ao BNG e ao colectivo veciñal de Brión e que defenda os intereses municipais sobre estes terreos.

Asi mesmo O BNG amosa a súa preocupación de que por parte da Autoridade Portuaria se vaian iniciar os traballos desta infraestructura «sen desenvolver os estudos técnicos previos ao inicio da obras para evitar perxuizos sobre vivendas e outras afceccións que se van provocar como pode ser contaminación acustica e outro tipo de molestías. Dentro deses estudos e traballos previso é fundamental contar cun protocolo de grietas sobre as vivendas que poidan verse afectadas pola execución destes traballos previo a que se inicie calquera tipo de traballo ou de obra».

O BNG insta ao goberno municipal a esixir a Autoridade Portuaria a que desenvolva estos trámites previos debido «à evidencia da escasa sensibilidade deste goberno municipal xa non só para tentar evitar o desenvolvimento da alternativa sur ao non presentar ningún recurso a este trazado desde a súa chegada ao goberno da cidade senón tamén respecto das evidentes afeccións e perxuizos que a alternativa escollida polo Ministerio de Fomento vais supoñer para os veciños e veciñas desta cidade».

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …