O Baloncesto Narón revalida o título galego de categoría premini

Equipo premini – Baloncesto Narón

O Baloncesto Narón conseguiu revalidar o título galego de categoría premini que xa acadara a tempada pasada despois de vencer esta tarde ao Bosco Salesianos de Ourense por 97-89 nunha final antolóxica que houbo de decidirse na prórroga.

O conxunto dirixido por Pablo Fuertes e Rubén Durán controlou o partido ata o descanso (51-41) pero no cuarto e quinto periodo viuse superado polos ourensáns, que chegaron ao último periodo con seis puntos de vantaxe (65-71). O Baloncesto Narón reaccionou e puido igualar o choque e mesmo poñerse por diante, mais finalmente se chegou con empate a 84 puntos ao tempo extra.

Xa na prórroga, o equipo naronés soubo xogar mellor as súas bazas e anotar nos momentos decisivos para facerse coa vitoria por 97-89.

O triunfo permite ao Baloncesto Narón revalidar o título galego que xa conseguira hai un ano. É a primeira vez na última década que un mesmo clube repite campionato na categoría premini en dúas tempadas consecutivas.

O Baloncesto Narón quixo destacar ao remate do encontro o esforzo e a entrega dos cativos e cativas, así como da afección, que apoiou en todo momento ao equipo.

Lea también

Manuel Permuy obtiene muy buenos resultados en el AJP World Tour

  El pasado fin de semana se celebraron en la ciudad de Estambul (Turquía) dos …