O pavillón de San Martiño do Porto albergará este sábado o I Trofeo de Judo Concello de Cabanas

O pavillón de San Martiño do Porto albergará este sábado a primeira edición do Trofeo de Judo Concello de Cabanas. Con entrada libre e de balde, dará comezo ás 10,30 horas. Será cando se dispute o torneo sub 13 –para nados nos anos 2005 e 2006- e sub 11 –para aqueles dos anos 2007 e 2008-. A continuación, o programa inclúe un adestramento a modo de exhibición dos nenos e nenas de entre 3 e 9 anos que tomaron parte nas clases de judo do Concello de Cabanas. A cita, organizada pola Concellería de Deportes e o clube AD Judo Ferrolterra, nace con vocación de continuidade.

Nela tomarán parte seis equipos e, en concreto, EM Cabañas, AD Judo Ferrolterra, EM Pontedeume, AM Fene, Castro-Baxoi Miño e Mercedarias de Ferrol. Así mesmo, a Cabanas acudirán tamén o seleccionador galego Infantil e Cadete e membro do equipo técnico da Federación Galega de Judo, Alberto Castro; a profesora medallista galega e nacional Alba González de Bernardo, ou Adrián Deus Espiñeira, medallista galego cadeto e membro do Centro de Tecnificación Deportiva, profesor da EM Cabañas.

A entrega de trofeos está prevista sobre as 12,45 horas.

Lea también

El Café Candelas O Parrulo “B” suma un punto ante el Ribeira FS

Igualdad e intensidad del primer al último segundo y al final reparto de puntos entre …