O Ximnasia Ferrolterra participou no Torneo Promogym de Covadonga

Ximnastas en Gijón – Ximnasia Ferrolterra

O Ximnasia Ferrolterra participou pasado venres e sábado no Torneo Promogym organizado polo Real Grupo de Cultura Covadonga de Gijón. As categorías van de Promogym 1 a Promogym 4. Da entidade da comarca houbo participación en tres delas, Promogym 1, nenas de 7, 8 e 9 anos, Promogym 2, de idades 10 e máis anos e Promogym 3 con idades de 10 e máis anos. Cada categoría esixe uns requisitos distintos a cumprir.

Una ximnasta en Promogym 1, Icía Arroyo Álvarez, onde participarón 15 ximnastas. Tres ximnastas en Promogym 2, Clara Mandaradoni Yáñez, Noa Martínez Sanmartín e Lucía Martínez Dopico, onde participaron un total de 43 ximnastas. Seis ximnastas en Promogym 3, Ainhoa Tenreiro Mosquera, Judit Lago Varela, Thyesha Vicente Humpries, Alba Iglesias Gómez, Cintia Fernández Sanmartín y Tatiana López Rivas onde participaron un total de 43 ximnastas.

Todas as ximnastas estiveron excelentes, con moitos nervos por ser para todas elas o seu primer torneo fora de Galicia.

Cabe destacar a nivel individual a competición que fixo a pequena Icia Arroyo Álvarez, medalla de Ouro en paralelas, medalla de ouro en suelo, medalla de bronce en barra de equilibrio e Campiona do Torneo na súa categoría na suma dos catro aparatos destacar tamén a Ainhoa Tenreiro Mosquera, que acadou medalla de bronce en Paralelas, acadando o segundo posto na calsificación xeral na suma dos catro aparatos na súa categoría, tamén destacar a medalla de bronce en salto de Thyesha Vicente Humpries.

Neste Torneo participaron ademáis do Club Ximnasia Ferrolterra, o Club Universidade da Coruña, os clubes madrileños Aluche e San Agustín, club de ximnasia Tempo da Coruña, o club Playu e o Club Real Grupo de Cultura Covadonga de Gijón.

O vindeiro fin de semana celebraráse o Campionato Galego de Ximnasia Artística nas categorías Inigym, Promogym e niveles, polo que este Torneo sirveulles as nosas ximnastas como una perfecta preparación de cara ao mesmo.

Lea también

Fer, jugador más regular para el Premio Hyundai del Café Candelas O Parrulo “B”

El Café Candelas O Parrulo “B” jugaba el pasado domingo ante Leis Pontevedra, en el …