A I Exhibición de Judo Concello de Valdoviño reunirá a uns 150 deportistas

Cartel do evento – Concello de Valdoviño

Dar a coñecer o judo e implicar aos máis novos na súa práctica é un dos obxectivos da primeira edición da Exhibición de Judo Concello de Valdoviño que se celebrará este sábado, 3 de xuño, no pavillón municipal do Longoiro, na parroquia de Meirás. A cita, organizada polo Clube Bitácora de Ferrol e a Concellería de Deportes de Valdoviño, reunirá a uns 150 nenos e nenas que a diario adestran no Bitácora e que proceden dos diferentes municipios da comarca. Entre eles, Valdoviño. Precisamente, no transcurso da exhibición, homenaxearase a dous dos judokas locais: Yago Fernández Vigo, subcampeón galego, e Yago González, quinto na Copa de España disputada este ano en Santiago. Dúas promesas do deporte da nosa Comunidade.

A exhibición dará comezo ás 11 horas, con entrada de balde e libre. Iniciarase cun quecemento dinámico e, a continuación, darase paso a xogos de introducción á loita. Rematará cunha exhibición de técnica. O primeiro turno será para os máis pequenos, judokas a partir de 3 anos. Estarán sobre o tatami uns 50 minutos, para dar paso aos compañeiros e compañeiras sub 15, de ata 14 anos.

Xunto a eles, profesores da talla de Sara Álvarez, bicampeona de Europa; Daniel Trillo, e Ricardo Trillo (adestrador e presidente respectivamente do Clube Bitácora) ou Amador Trillo (presidente do Judo Lugo).

Dende o Concello, o edil de área, Sergio Saavedra, convida a veciños e visitantes a achegarse este sábado ata o pavillón do Longoiro e asistir a un espectáculo único sobre o tatami.

Lea también

Partido Ecoembes, pistoletazo de salida a la campaña “Somos especiales, reciclamos”

El domingo 31 de marzo y como parte de la campaña «Somos especiales, reciclamos» que el …