O Plan de Emprego da Deputación financia a contratación de seis traballadores no Concello de Cabanas

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe as bases do proceso selectivo para a contratación de catro peóns, durante un período de seis meses, e dous albaneis oficiais de 2ª, durante tres meses e medio, no Concello de Cabanas, cuxos custos laborais e de seguridade social asume a Deputación da Coruña a través da liña de apoio aos Concellos do Plan de Emprego Local (PEL-Concellos).

Os operarios seleccionados realizarán traballos de mantemento de camiños e vías de acceso municipais a distintos núcleos de poboación do concello, incluíndo roce e limpeza de cunetas, mantemento e reparación de beirarrúas e mantemento doutros espazos públicos como áreas recreativas, deportivas e zonas verdes, segundo se especifica nas bases reguladoras.

Destinado a desempregados con dificultades para a integración laboral

Entre os requisitos que deben cumprir os aspirantes a estes postos de traballo, figuran ter cumpridos os 16 anos de idade e estar inscritos no Servizo Galego de Colocación como demandantes de emprego.

Así mesmo, a Deputación esixe nas bases do programa que a contratación beneficie especialmente a aqueles colectivos máis afectados polo desemprego: maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas cun grao recoñecido de discapacidade, persoas pertencentes a fogares con todos os seus membros en paro, vítimas de violencia de xénero, persoas en risco de exclusión social ou mulleres, dado que o índice de paro rexistrado entre as mulleres é sensiblemente superior ao dos homes.

Dentro destes colectivos, outorgaranse puntos extra a aquelas persoas que teñan rematado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas administracións públicas.

Lea también

Valdoviño y Aspaneps favorecen el reciclaje de tapones de plástico

El Ayuntamiento de Valdoviño y Aspaneps, Asociación de Padres de Niños con Problemas Psicosociales,  inician …