Un mozo de Fene premiado no VIII concurso de Viñetas 2017 «IgualMENTE. Sexualidade e Igualdade de Xénero», da Deputación

Tres mozas e un mozo recibirán os premios do VIII concurso de Viñetas 2017 “IgualMENTE. Sexualidade e Igualdade de Xénero”, que convoca a área de Igualdade da Deputación da Coruña.

Na categoría de 12 a 14 anos, o xurado decidiu premiar a obra de Alba García Romero, de 14 anos, residente da Coruña. Na modalidade á que se podían presentar mozas e mozos de 15 a 18 anos, tres foron as obras escollidas polo xurado. O primeiro premio recaeu na presentada por Xela García Carballo, residente en Santiago de Compostela, o segundo foi para a banda deseñada por César Zapata Silva do concello de Fene e o terceiro para a que remitiu Noelia González Caamaño, do concello da Coruña.

O VIII edición do Concurso de Viñetas que convoca a área de Igualdade da Deputación da Coruña tiña nesta edición como tema a sexualidade e a igualdade de xénero. Os premios consisten en tablets e coleccións de cómic.

O obxectivo da iniciativa que se presentaba co lema «IgualMente. Sexualidade e Igualdade de Xénero» era contribuír a reflexionar, concienciar e mudar as mentalidades entre a mocidade, á quen se dirixía o concurso. O certame busca promover a reflexión sobre a «importancia de gozar de relacións afectivas e de parella saudables e en igualdade, incidindo na necesidade social de respecto e tolerancia das diversidades sexuais e as identidade de xénero para acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria».

“O concurso de viñetas é unha iniciativa que se inclúe dentro das actividades e programas dirixidos á infancia e mocidade, unhas idades que consideramos fundamental para contribuír á eliminación da discriminación e á construción dunha sociedade máis igualitaria”, sinala a deputada de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade, Ánxela Franco.

 

Lea también

Fene conmemora o Día do Libro con maxia para soñar

Cun “espectáculo sorprendente, para gozar en familia, no que o ilusionista Mago Marco proporá unha viaxe …