Últimos días para incribirse no VI Torneo de Pádel Concello de Cabanas

O prazo para anotarse no VI Torneo de Pádel Concello de Cabanas conclúe este venres, 2 de xuño. A competición, organizada conxuntamente polas concellerías de Cultura e Deportes, celebrarase do 9 ao 18 de xuño nas pistas da Área Recreativa e Deportiva da Veiga.

Para formalizar a inscrición, o Concello ofrece varias alternativas: enviando un correo electrónico ao enderezo cultura@cabanas.gal; chamando por teléfono ao número 981 49 59 59 extensión 3, ou presencialmente no propio consistorio. A cuota é de 10 euros por persoa nunha categoría e 15 por persoa se a inscrición se realiza en dúas.

O Concello facilita a consulta das bases da competición na web municipal www.cabanas.gal e avanza que, como é tradición, haberá tres categorías: masculina, feminina e mixta.

O torneo repartirá trofeos aos mellor clasificados e agasallará a todos os participantes cun detalle conmemorativo para lembrar o seu paso por esta cita deportiva.

Lea también

O Club Kang competiu na 6ª Edición Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra

Este sábado o Club Kang, clubes de taekwondo e Kickboxing, con sede en Fene e …